Convivir parapapar!

subir1
He venido a hablar de mi proyecto.

Bueno en realidad, no es mío, Convivir Parapapar es más bien de todo aquel que crea en él, tiene vida propia, es independiente y autonomo,sí!. Es un proyecto del que estoy orgullosa de participar!

Convivir Parapapar es una idea que parte de la creencia de que se pueden safistacer necesidades reales como son comer y cuidar(se) de una forma ética y transformadora, nace como una forma de cuestionarse el modo de vida actual y se plantea como una alternativa de consumo consciente que se apoya en la economía social.

Creemos que se puede organizar la comida de una forma más colaborativa, comunitaria, eficiente y cómoda para todos.

En palabras sencillas: queremos crear un puente para un grupo de gente que nos juntemos para comer y compartir un rato de nuestra cotidianidad, reduciendo gastos haciendo una compra común de productos ecológicos, priorizando productos frescos locales de temporada, en un espacio acogedor,de confianza, familiar en el que quizás con el tiempo se genere una comunidad bonita.

El foco debe apuntar hacia las personas, a cuidarnos y hacer lo que nos gusta, asi que lo que yo pretendo aportar son mis ganas y mi amor por cocinar  ❤

¿En qué podría decir que se apoya este proyecto resumiendo mucho mucho? Uso de productos de comercio justo, cercanía y de temporada, uso ético y coherente de los recursos y veganismo.

Para saber más os dejo la página de facebook donde hay un texto un poco más extenso y preciso y email, por si queréis opinar, decir, comentar, preguntar…

https://www.facebook.com/comidasencomun/

convivirparapapar@gmail.com

Hay un par de videos cortitos en los que también explicamos un poco de qué va el tema!

definitivarr2befunky.jpg

 

De todas formas os dejo por aquí el texto-presentación por si os animáis!…

Convivir Parapapar é un proxecto baseado na creación dun espazo de convivencia ao redor da comida. Tratamos de responder a unha necesidade esquecida de compartir a vida coas nosas veciñas e veciños e de crear alternativas ao modo de vida convencional no que cada unha busca solucións individuais a problemas que son compartidos por moitas de nós:

-Falta de tempo para cociñar e comer á presa

-Ter que pensar que facer de comer

-Soidade e illamento

-Prezos esaxerados, condicións alienantes de traballo ou mala calidade nos restaurantes

-Dificultades para levar a cabo un consumo consciente no día a día

-Alimentación máis descoidada do que quixeramos
Parécenos axeitado buscar solucións comúns e por iso queremos construír entre todas as persoas interesadas unha alternativa á oferta de restaurantes, postos de comida, supermercados e demais, que nos resolva a vida dunha forma máis ética. E queremos facelo de forma que poñamos na práctica moitos dos valores que compartimos como persoas comprometidas coa nosa comunidade e o medio ambiente. Se non como? Básicamente, cremos nos múltiples beneficios que se poden derivar de organizar a comida dunha forma colaborativa, comunitaria, eficiente e cómoda para todas nós.
As persoas que estamos impulsando este proxecto somos Lisbeth e Mario. Temos 22 e 23 anos. Lisbeth ata este ano estudaba o grado en Educación Social na Universidade da Coruña pero a súa paixón é a cociña. Mario é un autodidacta interesado en temas que van dende a nutrición á produción agroecolóxica. Desfrutamos coa cociña mogollón. Decidimos que queríamos independizarnos económicamente sen caer na explotación e por iso nos volcamos neste proxecto, como unha forma de auto-emprego, acorde cos nosos valores e intereses. Ademais de que nos complementamos moi ben, pensamos que somos persoas adecuadas e suficientes para impulsar unha iniciativa como esta e garantir o seu éxito. Contamos tamén cunha rede de persoas afíns formadas na economía social e no cooperativismo nas que nos apoiamos para abordar esta quimera. Confiamos nas capacidades da xente e queremos xerar esta oportunidade como forma de aprendizaxe e implicación da sociedade, tamén de cara a posibles proxectos futuros. Dedicámonos con entrega ao proxecto con moitas horas de traballo. Cremos que é unha alternativa realizable e esperanzadora ao sistema actual das cousas. Sabemos que non será fácil pero hai que intentalo. E xa que estamos desfrutalo e aprender xuntas da experiencia.
Por algures había que comezar, os valores básicos do proxecto, que son os seguintes:
Convivencia: Queremos que este espazo sexa un lugar de encontro e de intercambio. Queremos que o fantasma da soidade non entre pola porta. Que o individualismo reinante non teña cabida. Para iso tentaremos que non se comparta só a comida se non que o espazo invite a coñecerse. A todas nos custa relacionarnos así que manteremos en uso mesas colectivas seguindo o valioso exemplo de algúns lugares que coñecimos. O noso obxectivo é crear comunidade. Compartir coa xente boa comida.
Participación: As persoas interesadas (ben porque pensen usar o comedor, ou porque sintan o proxecto como seu, ou pola razón que sexa) que queiran formar parte do grupo serán as que decidan nunha primeira reunión sobre as cuestións fundamentais e prácticas do proxecto. Todo está aberto a debate e cambio aínda que nós aportamos unha idea clara e realista, de sentido común. De todas formas hai certos aspectos que non están nada definidos como son a localización e o tipo de local, os menús, a frecuencia, os horarios… e pensamos que entre todas seremos quen de dar mellor resposta ás necesidades reais que temos nas nosas distintas realidades cotiás cun debate amplo sobre a situación social e medioambiental que queremos transformar. Trataremos de estudar previamente posibilidades para as distintas incógnitas dentro deste marco de acción. O proxecto é da comunidade que o use. Nós poderíamos facilitar humildemente o proceso e garantir o noso compromiso aportando o noso traballo.
Veganismo: Porque nun espazo común é a forma de respectar todos os estilos de alimentación para que todas a persoas se sintan cómodas. É un mínimo que non presenta problemas en canto a cociñar pratos ricos, nutritivos, equilibrados e baratos corroborado pola experiencia. O veganismo nos espazos comúns estase impoñendo en todo tipo de actividades, dende concertos ata exposicións, por ser un menú inclusivo, que quere dicir que calquera persoa pode incorporar comida vegana na súa dieta aínda que ela non o sexa. Consiste en prescindir de todo tipo de materias primas de orixe animal (carne, peixe, leite, ovos, queixo, iogur, mel…) en favor de verduras, froitas, cereais, legumes e froitos secos. Ademais de por razóns de ética animal, é unha dieta con grandes posibilidades de ter un impacto mínimo no medio ambiente (se non se mercan moitos produtos de importación e procesados).
Saúde: Unha dieta vegana permite cumprir fácilmente cos requisitos nutricionais habituais de todas as persoas. Mercando materias primas ecolóxicas da mellor calidade, poñendo especial atención en coidar a saúde dende a alimentación como prioridade do proxecto, evitando dixestións pesadas para maximizar a absorción do alto valor nutritivo destes alimentos. Intentaremos aportar variedade e introducir alimentos versátiles na medida do posible para ter pratos ricos e sempre a tope de nutrientes asimilables.
Consumo responsable e solidario: Buscaremos sempre mercar produtos ecolóxicos, de proximidade, de tempada e de comercio xusto para contribuír entre todas de unha maneira máis significativa a unha economía na que as persoas e o medio ambiente sexan máis importantes que o rendemento do capital. Se algún produto é moi caro e se nos vai de presuposto buscaremos alternativas. Moitos de nós xa estamos facendo unha compra consciente cargando en solitario con este esforzo. Ademais entre todos seríamos un maior axente da economía social e solidaria que é o que mola.
Non ánimo de lucro: Reverter os beneficios no ben común é prioridade fronte ao beneficio persoal. O auto-emprego non é lucro. Os probables beneficios xestionaríanse entre todas en asemblea con vocación a mellorar o servizo e ampliar o alcance do proxecto. Por agora, que sexa viable sen renunciar a ningún principio parécenos a cuestión prioritaria.
Traballo digno: Se queremos presentar unha alternativa temos que ser quen de crear as condicións de traballo dignas que se nos negan no mercado laboral actual. Estrés, aburrimento, inseguridade, repetición, monotonía… Non queremos nada diso! Esperamos que ao cabo duns meses se poida consolidar unha actividade económica suficiente, coa implicación de todas as que nos beneficiemos deste comedor, como para garantir un salario digno ás persoas que dediquen unha grande cantidade de tempo ao proxecto. De momento contamos con xerar dous empregos que se encarguen da xestión do espazo, coordinación, organización, comunicación, compra consciente, cociña vegana e boa parte de todo o que se precise para manter o proxecto con vida e funcionando a toda máquina.
Cooperación: Faremos un uso dos recursos non-consumista a través da colaboración e a cooperación (cesións, emprestamos, doazóns, intercambios…) entre persoas, colectivos e demais para evitar gastos innecesarios. Será por recursos! A falta de cooperación e implicación, en concreto entre produtoras e consumidoras, encarece os servizos, e o que debería estar ao alcance de calquera acaba sendo unha opción elitista de consumo. A viabilidade do proxecto dependente do compromiso de todas e da cercanía no trato coa xente, non da lóxica de mercado. Pensamos que sería óptimo facer unha inversión inicial mínima ou igual a cero. A adhesión é así aberta e voluntaria.
Adsequible: Queremos que os prezos e os custos do servizo sexan baixos. Reducindo os intermediarios entre persoa produtora e consumidora, eliminando gastos de local, aportando ferramentas de cociña, minimizando as perdas de comida, etc… podemos dar un servizo de calidade polo mesmo prezo do que sae comer na casa! Asociándonos poderemos obter bos prezos se mercamos en cantidade. Os números están en camiño pero como mínimo sairá un 15% máis barato. Ao principio só se poderían beneficiar do comedor ás persoas implicadas, socias de palabra, e non o público en xeral, xa que iso require permisos especiais e certo traballo burocrático. Tamén che digo, cantos máis sexamos, mellores prezos.
Agardamos ter satisfeito un pouco da vosa curiosidade, ademais de coñecer un pouquiño mais da nosa visión, e as nosas expectativas, e que compartades o noso optimismo e fagades vosa esta idea. Se compartes estes valores este é o teu espazo!!

subir2.jpg

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s